Ahel Berikallah é unha tribo tekna que habita no norte do Sáhara Occidental. Aínda que son de orixe bérber falan dende hai séculos o hassaniya. A súa xenealoxía remóntase ao século XI e tradicionalmente foi unha tribo dedicada á relixión e ao estudo. Segundo o censo feito polas autoridades españolas en 1974 sumaban un total de 1 810 persoas.

Categoría:Sáhara Occidental