La Grossa de Cap d'Any (O Gordo de Fin de Ano en galego) é un sorteo que forma parte das modalidades comercializadas por Loteria de Catalunya dende 2013 e que se planea celebrar anualmente cada 31 de decembro.
Hai 100.000 números dispoñibles (do 00.000 ao 99.999). Cada número dispuxo, inicialmente, de 30 boletos. Ante a gran demanda obtida, comercializáronse outros 30 boletos por número, co que en total existen 60 boletos por número. Cada boleto ten un prezo de 5 euros e pódese comprar nos 2.200 puntos de venda habituais de Loteria de Catalunya (estancos, quioscos e papelarías) así como nuns 20.000 comercios da Confederación de Comercio de Cataluña. Un 69,6% do recadado destínase a premios, en tanto que entre un 16% e un 20% dos ingresos destínanse a programas de atención á infancia.
O propósito declarado da creación do sorteo foi a necesidade de aumentar os ingresos para diminuír o déficit da administración autónoma catalá, conseguindo parte dos 350 millóns de euros que os cataláns xogan nos sorteos estatais de Nadal e do Neno (fronte aos apenas corenta que Loteria de Catalunya recada en todo o ano). Deste modo, Cataluña converteuse na primeira comunidade autónoma española que ten a súa propia lotaría de Nadal.
Segundo a Generalitat, se o sorteo ten éxito, formúlase estendelo a outras datas significativas en Cataluña como a Diada (11 de setembro), Sant Jordi (23 de abril) e San Xoán (24 de xuño).
Números premiados Ano Primeiro premio Segundo premio Terceiro premio Número Vendido en Número Vendido en Número Vendido en 2014 91614 Non vendido 92484 Sant Vicenç dels Horts 35494 Vendido por internet 2013 03473 Lliçà d'Amunt 77879 L'Escala e Tarragona 88297 Barcelona e Cardona
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Lotarías Categoría:Cataluña