Santa María de Seixas é unha parroquia que se localiza no leste do concello das Somozas. Segundo o IGE en 2018 tiña 108 habitantes (53 homes e 55 mulleres) distribuídos en 34 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 183 habitantes.
Historia A parroquia foi creada en 1895, segregándose os seus lugares das Somozas.
Patrimonio Igrexa de Santa María de Seixas. De estilo barroco clasicista, planta de cruz latina, cunha soa nave, dúas capelas laterais, presbiterio e pequena sancristía. Cruceiro de Seixas, sinxelo cruceiro de 1896.
Lugares e parroquias Lugares de Seixas
Parroquias das Somozas
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares das Somozas
Categoría:Parroquias das Somozas Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María