Non confundir con Luohu, en Shenzhen (China)'Santa María de Luou é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Teo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 875 habitantes distribuídos en 13 entidades de poboación en 8,7Páxina oficial do concello de Teo , datos das parroquias km², o que supón un aumento importante en relación ao ano 1999 cando tiña 866 habitantes. Ten unha superficie de 680 hectáreas.

SituaciónLuou''' pertenceu á xurisdición territorial da Maía, da desaparecida provincia de Santiago.

Debido á súa proximidade con Santiago de Compostela, capital de Galiza, da que dista uns escasos 7 km é unha zona moi apetecida, xurdindo varias urbanizacións que lle dan un aspecto residencial a esta parroquia eminentemente rural. Está comunicada coa capital por un servizo permanente de autobuses.

Patrimonio histórico-artístico As vías romanas tiñan o seu paso pola parroquia. Dende o Castro Lupario, saía unha vía romana que pasaba polo Espiño e Cornide (Calo) e introducíase na parroquia de Luou por Seixos, Espasande, A Igrexa, Paraxó e Ponte do Aido. Esta vía seguía ata Asseconia, con outra vía do primeiro itinerario de Antonino.

Vestixios dos devanceiros son: os petróglifos de Loureiro, a Eira dos Mouros próxima a Loureiro e a Mamoa de Trasellas. Tamén teñen un valor estimable varios cruceiros espallados pola parroquia.

A Igrexa está edificada onde estivo a Capela de Santa Margarita, despois de que fora trasladada desde Loureiro. Segundo se conta, dada a súa pouca capacidade, cura e veciños acordaron construír unha nova no ano 1788. A igrexa actual de Santa María de Luou data do segundo terzo do século XIX. A torre foi construída polos mestres canteiros Francisco Casal e Juan Casal. Este tamén construíu a igrexa de Bamonde e a capela de Santa Eufemia de Oza ámbalas dúas tamén no concello de Teo.

É destacable polo seu valor histórico o edificio sito na aldea da Igrexa que se coñece co nome de "Sindicato de Agricultores y Ganaderos de Luou". Edificio construído entre os anos 1905 e 2005 a expensas dos emigrados en América. Posteriormente e enmarcado na "Red Nacional de Teleclubs" no tempo do ministro Fraga iniciou a súa actividade o Teleclub de Luou aló polo ano 1968. O Teleclub desenvolveu actividades perante varios anos nos que cabe destacar a emisión da revista cultural "Noso Tempo". Posteriormente esmoreceu ata que polo ano ano 1982 nace a "Comisión cultural de Luou" sendo esta o xermolo da actual "Asociación Cultural A Mamoa" que desenvolve unha intensa actividade na dinamización da actividade cultural da parroquia.

Festas Na parroquia de Luou celébranse seis festas anuais: 22 de maio, Santa Rita; 20 de xullo, importante romaría de Santa Margarida con moitos devotos nas zonas de Padrón e Rianxo e á que Rosalía de Castro lle ten dedicados uns versos; 15, 16 e 17 de agosto, as festas patronais e o 24 de agosto, San Bertolameu.

Galería de imaxesVexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Luou, Teo''

Lugares e parroquias Lugares de Luou

Parroquias de Teo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Teo

Categoría:Parroquias de Teo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María