O Gran Premio de España de 1981 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no Circuíto do Jarama en Madrid, España o 21 de xuño de 1981. A carreira foi a sétima rolda da tempada de Fórmula Un.
Resumo O Gran Premio de España de 1981 contou coa segunda final máis pechada dunha carreira de Fórmula Un, logo do Gran Premio de Italia de 1971, tras o Ferrari de Gilles Villeneuve os catro seguintes coches terminaron en tan só 1,24 segundos. Esta foi a última vitoria de Villeneuve, a miúdo considerada como a súa obra mestra táctica.Gerald Donaldson. Gilles Villeneuve: The Life of the Legendary Racing Driver (London: Motor Racing Publications, 1996) ISBN 978-0-947981-44-0
Houbo algúns cambios para esta carreira, Eliseo Salazar deixara March para unirse a Ensign, en substitución de Marc Surer. Ademais, John Player Special regresou para patrocinar ao Team Lotus logo dun parénteses de 2 anos.
A pole foi para Jacques Laffite no seu Ligier - Matra, os dous Williams - Cosworth de Alan Jones e Carlos Reutemann foron segundo e terceiro por diante de John Watson do equipo McLaren, de Alain Prost de Renault e do Alfa Romeo de Bruno Giacomelli. Gilles Villeneuve foi sétimo.
O día da carreira foi infrecuentemente cálido. Ao principio da carreira de Jones e Reutemann tomaron vantaxe logo de que Laffite fixera unha mala saída. Villeneuve tomou o terceiro lugar na primeira curva, danando o alerón dianteiro de Prost cando tomou a posición. Ao final da primeira volta Villeneuve saíuse do rebufo de Reutemann e obtivo o segundo lugar. Jones comezou a tomar distancia, pero na volta 14 saíuse da pista, cando tiña 10 segundos de vantaxe sobre o canadense.
Isto deixou a Villeneuve con Reutemann na súa cola. Detrás deles estaban Watson, Laffite e Elio de Angelis que comezaron a pechar o duelo polo liderado. Reutemann tiña algúns problemas coa súa caixa de cambios e cando Laffite púxose detrás o arxentino pouco puido facer para impedir o adiantamento. Máis tarde Reutemann caeu detrás de Watson. Os cinco principais candidatos convertéronse nun tren de coches, xuntos nas voltas do final da carreira.
Villeneuve utilizou a potencia do seu motor Ferrari nas rectas para gañar un pouco de marxe e non ser superado polos seus rivais, pero nas curvas estaban sobre el. Laffite alcanzou ao canadense varias veces, cando saía das curvas, pero o Ferrari aguantou diante grazas a potencia do seu motor. Os cinco permaneceron xuntos ata a bandeira, cruzando a meta separados por tan só 1,24 segundos para lograr a segunda carreira máis pechada na historia da Fórmula Un.
Este sería o último Gran Premio de España no Jarama, debido ao feito de ter unha pista demasiado estreita para a Fórmula Un moderna, o difícil trazado e a escasa capacidade de público (a pequena lonxitude do circuíto foi probablemente a causa de que a carreira do ano anterior non contara como unha carreira para o Campionato do Mundo, o anuncio fixérase no mesmo fin de semana), foi o último Gran Premio de España ata a tempada de , cando se celebrou no recentemente construído Circuíto de Jerez no sur do país.
Clasificación
Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 27 Gilles Villeneuve Ferrari 80 1:46:35.01 7 9 2 26 Jacques Laffite Ligier-Matra 80 + 0.22 1 6 3 7 John Watson McLaren-Ford 80 + 0.58 4 4 4 2 Carlos Reutemann Williams-Ford 80 + 1.01 3 3 5 11 Elio de Angelis Lotus-Ford 80 + 1.24 10 2 6 12 Nigel Mansell Lotus-Ford 80 + 28.58 11 1 7 1 Alan Jones Williams-Ford 80 + 56.58 2 8 22 Mario Andretti Alfa Romeo 80 + 1:00.80 8 9 16 René Arnoux Renault 80 + 1:07.08 17 10 23 Bruno Giacomelli Alfa Romeo 80 + 1:13.65 6 11 21 Chico Serra Fittipaldi-Ford 79 + 1 volta 21 12 20 Keke Rosberg Fittipaldi-Ford 78 + 2 voltas 15 13 33 Patrick Tambay Theodore-Ford 78 + 2 voltas 16 14 14 Eliseo Salazar Ensign-Ford 77 + 3 voltas 24 15 28 Didier Pironi Ferrari 76 + 4 voltas 13 16 17 Derek Daly March-Ford 75 + 5 voltas 22 NC 3 Eddie Cheever Tyrrell-Ford 62 Non clasificado 20 Ret 25 Jean-Pierre Jabouille Ligier-Matra 51 Freos 19 Ret 6 Héctor Rebaque Brabham-Ford 46 Caixa de cambios 18 Ret 30 Siegfried Stohr Arrows-Ford 43 Encendido 23 Ret 5 Nelson Piquet Brabham-Ford 43 Accidente 9 Ret 15 Alain Prost Renault 28 Trompo 5 Ret 29 Riccardo Patrese Arrows-Ford 21 Freos 12 Ret 8 Andrea de Cesaris McLaren-Ford 9 Accidente 14 NSC 4 Michele Alboreto Tyrrell-Ford NSC 31 Beppe Gabbiani Osella-Ford NSC 9 Slim Borgudd ATS-Ford NSC 35 Brian Henton Toleman-Hart NSC 36 Derek Warwick Toleman-Hart NSC 32 Giorgio Francia Osella-Ford
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Carlos Reutemann 37 2 Alan Jones 24 3 Nelson Piquet 22 4 Gilles Villeneuve 21 5 Jacques Laffite 17
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Williams-Ford 61 2 Ferrari 26 3 Brabham-Ford 25 4 Ligier-Matra 17 5 Lotus-Ford 12
Nota: só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Notas
Véxase tamén
''A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de
Ligazóns externas
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1981 Categoría:Gran Premio de España de Fórmula 1