Grzegorz Petrowicz, tamén coñecido como Gregorio e Krikor, nado o 23 de decembro de 1916 en Stetseva (hoxe Ucraína) e finado o 17 de decembro de 2004 en Roma, foi un sacerdote católico armenio, teólogo e profesor do Pontificio Colexio Armenio de Roma. Traxectoria Naceu nunha familia armenia-galiciana. Quedou orfo da súa nai cando era moi novo, e coa axuda Dionizy Kajetanowicz comezou a estudar en 1928 en Lviv. En 1931 foi enviado polo arcebispo Józef Teodorowicz a estudar no Pontificio Colexio Armenio de Roma. En 1941 foi ordenado sacerdote por Sarkis Der Abrahamian.

Por mor do estoupido da segunda guerra mundial tivo que permanecer en Roma. Obtivo o doutoramento en Teoloxía e por máis de 50 anos impartiu clases no Colexio armenio. Foi tamén secretario persoal do cardeal e patriarca de Cilicia Gregorio Pedro XV Aghachanean. É autor da monumental obra La Chiesa Armena in Polonia, describindo a historia dos armenios galicianos. Finou o 17 de decembro de 2004 en Roma, con 88 anos.

Obra

Notas

Categoría:Nados en 1916 Categoría:Nados na rexión de Ivano-Frankivsk Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica armenia Categoría:Sacerdotes católicos de Italia Categoría:Sacerdotes católicos de Ucraína Categoría:Sacerdotes católicos do século XX Categoría:Sacerdotes católicos do século XXI Categoría:Finados en 2004 Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Escritores de literatura relixiosa Categoría:Historiadores de Ucraína Categoría:Profesores do Pontificio Colexio Armenio Categoría:Alumnos do Pontificio Colexio Armenio