San Xián de Cabaleiros é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Tordoia. Segundo o IGE en 2022 tiña 690 habitantes (358 mulleres e 332 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 990 habitantes.
Patrimonio Nesta parroquia está o dolmen de Cabaleiros, tamén coñecido como a "Casa da Moura".
A igrexa parroquial de San Xián de Cabaleiros é do século XIX; un edificio de planta rectangular e unha única nave con sancristía pegada no lateral.
Lugares e parroquias Lugares de Cabaleiros
Parroquias de Tordoia
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Tordoia
Categoría:Parroquias de Tordoia Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xián