Ciutat Morta é un filme documental catalán sobre o caso 4F, dirixido por Xavier Artigas e Xapo Ortega no 2013. Pre-estreouse o 8 de xuño de 2013 en Barcelona e estreouse oficialmente o 24 de marzo de 2014 en Málaga. Foi premiado no Festival de Guia d'Isora, MiradasDoc, cunha mención honorífica, e tamén como mellor documental do Festival de Málaga de Cinema de 2014. Foi publicado baixo a licenza Creative Commons BY-NC-SA 3.0.
Recepción O 17 de xaneiro de 2015, Ciutat Morta emitiuse no Canal 33, dentro do programa Sala 33. Cunha audiencia do 20% e 569.000 espectadores foi o programa máis visto do día e o máis visto en toda a historia de Sala 33. O documental emitiuse con 5 minutos censurados por decisión dun xulgado de Barcelona, despois que o «ex-xefe de información da garda urbana de Barcelona, Víctor Gibanel» o denunciase por unha posible «violación do seu dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe». Os 5 minutos censurados puidéronse ver no documental completo. O Sindicato dos Mossos d'Esquadra dende a súa conta de Twitter cualificaron o documental de «fantasía», dicindo: «Boa noite para ir ó cinema. Aínda que se vos gusta a fantasía, con C33 tedes de abondo.» Despois da emisión produciuse unha concentración na praza Sant Jaume de Barcelona con centos de persoas.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua catalá Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Cataluña Categoría:Filmes ambientados en Barcelona