O Aeroporto de Xibraltar (en inglés: Gibraltar Airport ou North Front Airport) é un aeroporto internacional que se atopa no istmo que une a colonia británica de Xibraltar con España. Atópase a uns 500 metros do centro de Xibraltar e a unha distancia similar do centro de La Línea de la Concepción, na provincia de Cádiz.

Ten unha pista única de 1 829 metros de lonxitude e é a única do mundo que está atravesada ao mesmo nivel por unha estrada, a N-351. En 2006, pasaron polo aeroporto 330 057 pasaxeiros e 348 toneladas de carga.

Historia Foi construído durante a segunda guerra mundial e inaugurado en 1949, aínda que só como base de emerxencia para o Exército británico. O 2 de decembro de 1987, grazas a un acordo entre os gobernos británico e español, acordouse o uso civil da instalación, que non foi posto en práctica ante a oposición das autoridades xibraltareñas. Os avións con orixe e destino Xibraltar non podían entrar no espazo aéreo español.

En 2006, un novo acordo firmado en Córdoba entre o Reino Unido, o Goberno de Xibraltar e España terminou coas, ata entón, restricións ao uso civil do aeroporto, permitindo tamén voos con España. O 16 de decembro dese ano un avión de Iberia procedente de Madrid-Barajas aterrou no aeroporto, poñendo fin así a anos de conflito.

Aeroliñas e destinos

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do aeroporto

Xibraltar Categoría:Xibraltar