Moldova participou no Festival de Eurovisión dende o 2005. O país tivo, comparativamente, presentacións exitosas no festival: das súas dez cancións, dous terminaron entre os dez primeiros lugares, porén tanto en 2008 como en 2014 non pasou á final.

En 2005, Moldova debutou no festival en Kíiv co grupo Zdob şi Zdub e a canción "Boonika Bate Toba". O número foi ben recibido e terminou en 2º lugar na semifinal, e cualificando á rolda final. Na final terminou nun 6º lugar con 148 puntos. Poucos países quedan tan ben situados no ano do seu debut e ata agora é o seu mellor resultado na historia.

Tanto en 2010 como en 2011, Moldova clasificouse á final na 10ª posición (aínda que na final obtivo a 22ª e a 12ª posición respectivamente). En 2010, a atrevida entrada de SunStroke Project e Olia Tira non convenceu ao xurado e televoto pese a súa repercusión por Europa e resto do Mundo debido ao saxofonista da canción, que se converteu nun meme mundial chamado "Epic Sax Guy".

Participantes Ano Sede Artista Canción Final Pts Semifinal Pts 2005 Kíiv Zdob şi Zdub "Boonika Bate Doba" 06 148 02 207 2006 Atenas Arsenium e Natalia Gordienko "Loca" 20 22 20px 20px 2007 Helsinqui Natalia Barbu "Fight" 10 109 10 91 2008 Belgrado Geta Burlacu "A century of love" 10px 10px 12 36 2009 Moscova Nelly Ciobanu "Hora din Moldova" 14 6905106 2010 Oslo Sunstroke Project & Olia Tira "Run Away" 22 27 10 52 2011 Düsseldorf Zdob şi Zdub "So lucky" 12 97 10 54 2012 Bakú Pasha Parfeny "Lăutar" 11 8105100 2013 Malmö Aliona Moon "O Mie" 11 710495 2014 Copenhague Cristina Scarlat "Wild soul" 10px 10px 16 13 2015 Viena - - - - - -

Categoría:Países participantes no Festival de Eurovisión Categoría:Música de Moldova