A República de Macedonia participou no Festival da Canción de Eurovisión como país dende o Festival de Eurovisión 1998. O mellor resultado que tivo até agora foi o 12º lugar na final do Festival de Eurovisión 2006. Macedonia, xunto a Montenegro, é a única antiga nación iugoslava que non terminou nunca dentro das 10 mellores en Eurovisión.
Antes de ser un estado propio, como parte de Iugoslavia, a RS Macedonia competía na Jugovizija, a preselección nacional iugoslava. Despois da desintegración de Iugoslavia, os países que obtiveron a súa independencia buscaron participar no Festival de Eurovisión como entidades independentes. Macedonia estaba lista para participar no 1993 con Maja Odzaklievska e a canción Ne me dopiraj. Con todo, retirouse antes do festival por razóns que non se fixeron públicas.
Macedonia logra clasificarse na final do festival na edición de Festival de Eurovisión 1998 co tema Ne zori, zoro ("Que non amenza"), cantado por Vlado Janevski, logrando o 19º lugar con 16 puntos. Este tema marca un hito na historia recente do Festival de Eurovisión ao ser a última canción participante en ser interpretada cunha orquestra en vivo, tras a eliminación ao ano seguinte.
O festival de música pop Skopje Fest úsase como preselección nacional. Amos espectáculos son sempre cubertos pola Makedonska Radio Televizija.
Participantes Ano Sede Artista Título Final Pts Semi-final Pts 2015 20px|borda Viena Daniel Kajmakoski "Lisja Esenski" - - - - 2014 Copenhaguen Tijana Dapčević "To the sky" 10px 10px 13 33 2013 Malmö Vlatko Lozanoski e Esma Redžepova "Pred da se razdeni" (Пред да се раздени) 10px 10px 16 28 2012 Bakú Kaliopi "Crno i belo" (црно и бело) 13 71 9 53 2011 Düsseldorf Vlatko Ilievski "Rusinka" (Русинкa) 10px 10px 16 36 2010 Oslo Gjoko Taneski "Jas ja imam silata" (Јас ја имам силата) 10px 10px 15 37 2009 Moscova Next time "Nesto sto ke ostane" (Нешто што ќе остане) 10px 10px 10 45 2008 Belgrado Tamara, Vrčak e Adrian "Let me love you" 10px 10px 10 64 2007 Helsinqui Karolina Gočeva "Mojot svet" (Мојот Свет) 14 73 9 97 2006 Atenas Elena Risteska "Ninanajna" 12 56 10 76 2005 Kíiv Martin Vučić "Make my day" 17 52 9 97 2004 Istanbul Toše Proeski † "Life" 14 44 10 71 2003 RigaNon participou 2002 Tallin Karolina Gočeva "Od nas zavisi" (Од Нас Зависи) 19 25 2001 CopenhaguenNon participou 2000 Estocolmo XXL "100% Te ljubam" (Сто посто те љубам) 15 29 1999 XerusalénNon participou 1998 Birmingham Vlado Janevski "Ne zori, Zoro" (Не зори, Зоро) 19 16
No ano 2006, a República de Macedonia e Croacia empataron con 56 puntos. No caso de empate posiciónase no posto máis alto o país que haxa sido votado por máis países, neste caso caso Croacia recibiu votos de 8 países e a República de Macedonia recibiu votos de 9 países. Finalmente Croacia quedou de 13º e a República de Macedonia 12º. No ano 2012, a República de Macedonia e a Romanía empataron con 71 puntos. Para desempatar, o posto máis alto pertence para o que recibe votos dun número maior de países. Romanía recibiu de 14, e Macedonia de 12, polo tanto a Romanía ocupou a 12º posición, e Macedonia a 13º, aínda que a República de Macedonia recibise un maior número de 12 puntos (dous, frete a un de Romanía).
12 puntos Semi-final A República de Macedonia deu 12 puntos a...
Ano País 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014
Final A República de Macedonia deu 12 puntos a...
Ano País 1998 1999 Non participou 2000 2001 Non participou 2002 2003 Non participou 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014
Ligazóns externas Sitio oficial de Eurovisión
Categoría:Países participantes no Festival de Eurovisión Categoría:Música de Macedonia do Norte