As segundas eleccións ás Cortes españolas da II República celebráronse o 19 de novembro de 1933. A lei electoral establecía un sistema maioritario de listas abertas, a lista maioritaria obtiña o 80% dos escanos por circunscrición e reservábase para as minorías o outro 20%. Tiñan dereito ao voto os maiores de 23 anos e por primeira vez en España tiñan dereito de voto as mulleres.

As malas relacións entre os republicanos e os socialistas fixo que presentaran candidaturas separadas, o que favoreceu á dereita que presentaba listas conxuntas.

A circunscrición electoral da Coruña elixía 17 deputados, a de Lugo 10 deputados, a de Ourense 9 deputados e a de Pontevedra 13 deputados, en total en Galicia elixíanse 49 deputados.

Resultados En toda Galicia os radicais e as candidaturas da dereita resultaron gañadores. O Partido Radical conseguiu 15 escanos, a Unión Regional de Derechas (integrada na CEDA) 10, Renovación Española 7, Partido Republicano Gallego 6, Partido Republicano Conservador 4 e os independentes 7.

A Coruña Na provincia da Coruña presentouse unha lista conxunta do PRG, o Partido Republicano Conservador, o Partido Radical e algúns independentes que vai ser a lista máis votada na provincia: O PRG consegue 6 escanos, o PR 2 e o PRC 1.

A candidatura de dereitas, que agrupaba a CEDA, os agrarios, monárquicos e independentes de dereita consegue 4 deputados para a CEDA, 2 para RE.

Os dous deputados restantes foron para candidatos independentes e quedaron sen escano o PSOE, Partido Galeguista, o PCE o Partido Republicano Radical Socialista e o Partido Federal.

Deputados electos pola provincia da Coruña Benito Blanco-Rajoy Felipe Gil Casares Emilio González López Ángel Aperribay y Pita da Veiga Eduardo O'Shea y Verdes Montenegro José Calvo Sotelo José María Méndez Gil Brandón Antonio Rodríguez Pérez José Miñones Bernárdez Manuel Iglesias Corral José del Moral Sanjurjo Alejandro Rodríguez Cadarso Eugenio Vázquez Gundín Santiago Casares Quiroga José Reino Caamaño José García Ramos y Segond Leandro Pita Romero

Lugo Na provincia de Lugo o PRG presentouse en solitario e non conseguiu escano ningún. O Partido Radical e o Partido Republicano Conservador presentou unha lista conxunta que conseguiu 3 deputados para o PR e 2 para o PRC. A Coalición de Dereitas deu 2 escanos a CEDA, 1 a RE e 2 a independentes. As listas do Partido Galeguista e do Partido Radical Socialista non conseguiron escano.

Deputados electos pola provincia de Lugo Manuel Becerra Fernández Enrique Gómez Jiménez Gumersindo Rico González Luis Rodríguez de Viguri Felipe Lazcano Morales de Setién José María Montenegro Soto Manuel Saco Rivera Luis Recasens Siches Ubaldo de Azpiazu Artazu

Ourense Na provincia de Ourense o Partido Radical presentouse en solitario e conseguiu 4 escanos, a Candidatura de Dereitas que unía a CEDA, a Renovación Española, os tradicionalistas e a independentes conseguiu 3 escanos para RE, 1 para a CEDA e 1 para un candidato independente próximo a esta. A candidatura de republicanos de esquerda, que unía o PRG, o Partido Radical Socialista e o PG entre outros, non conseguiu escanos.

Deputados electos pola provincia de Ourense José Sabucedo Morales José Calvo Sotelo Basilio Álvarez Rodríguez Justo Villanueva Gómez Antonio Taboada Tundidor Luis Fábrega Santamarina Fernando Ramos Cerviño Andrés Amado y Reygondaud de Villebardet Carlos Taboada Tundidor

Pontevedra Deputados electos pola provincia de Pontevedra Emiliano Iglesias Ambrosio Alfredo García Ramos Severino Barros de Lis Víctor Lis Quibén Isidoro Millán Mariño Nicasio Guisasola Domínguez José López Varela Vicente Sierra Martínez Fernando Villamarín Rodríguez Honorio Maura Gamazo Ramón Salgado Pérez Antonio Prieto Rivas Luis Fontaiña Serrapio

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 en Galicia Eleccións Xerais 1933 en España Eleccións a Cortes de 1936 en Galicia

Cortes de 1933 en Galicia,Eleccións a Categoría:Século XX en Galicia Categoría:Política da Segunda República Española Categoría:1933 en Galicia