A lingua angika (अंगिका) é unha lingua falada na parte leste de Bihar, en Santhal Praganas de Jharkhand e no Distrito Maldah de Bengala Occidental. O angika é unha lingua indoaria da rexión de Anga, na India. Alén da India, o angika tamén se fala na rexión de Terai, no Nepal. O angika está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

O angika non está listado na Constitución da India como lingua oficial. A demanda popular para incluílo está pendente da decisión do goberno do país.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en angika Ligazóns externas Ethnologue

Categoría:Linguas indoarias Categoría:Linguas da India Categoría:Linguas do Nepal