Aikaterini Konstantopoulou, nada no Pireo o 17 de decembro de 1900 e finada en Atenas o 22 de febreiro de 1973 foi unha actriz grega, coñecida como Katina Paxinou ().
Traxectoria Paxinou estudou para cantante de ópera en Xenebra, Berlín e Viena. Comezou a súa carreira teatral en Grecia en 1920, sendo unha das fundadoras do Teatro Nacional Grego en 1932. O inicio da segunda guerra mundial pillouna no Reino Unido, e logo marchou aos Estados Unidos, onde debutou no cinema en For Whom the Bell Tolls (1943), gañando o Oscar á mellor actriz secundaria.
En 1951 foi a primeira actriz en interpretar a personaxe principal de La casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca en inglés. A principios da década de 1950 volveu a Grecia, centrándose no teatro e no cinema europeo. Finou de cancro en 1973.
Filmografía Ano Título 1943 For Whom the Bell Tolls 1943 Hostages 1945 Confidential Agen] 1947 Mourning Becomes Electra 1947 Uncle Silas 1949 Prince of Foxes 1955 Mr. Arkadin 1959 The Miracle 1960 Rocco e os seus irmáns 1961 Morte di un Bandito 1968 To Nisi tis Afroditis 1968 Tante Zita 1970 Un Été Sauvage 1970 The Martlet's Tale
Premios Premios Oscar Mellor actriz secundaria1943 - For Whom the Bell Tolls
Premios Globo de Ouro Mellor actriz secundaria1943 - For Whom the Bell Tolls
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Actores de Grecia Categoría:Nados na periferia de Ática Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1973