A Tierra del Vino é unha comarca situada no sur da provincia de Zamora (Castela e León, España)
Toma o seu nome da abundancia de viñedos que houbo dende tempos remotos, sendo os seus límites polo norte a cidade de Zamora e a Tierra del Pan, ao leste o Alfoz de Toro e La Guareña, ao sur a terra de La Guareña e a provincia de Salamanca e ao oeste a terra de Sayago.
A capital tradicional da bisbarra é Corrales del Vino, aínda que hoxe en día a localidade máis poboada é Morales del Vino que é a cuarta poboación da provincia de Zamora en número de habitantes.
Esta bisbarra, a pesar do seu gran sentido de identidade, con características xeográficas, económicas, sociais e históricas afíns, non conta co necesario recoñecemento legal para o seu desenvolvemento administrativo, o que levou aos seus municipios a organizarse en mancomunidades como única fórmula legal que lles permite a optimización da xestión dalgúns servizos públicos municipais.Art.46 do Estatuto de Autonomía de Castela e León
Concellos
ConcelloSuperficieHabitantesAnexosArcenillas12,08 km²370-Casaseca de Campeán12,24 km² 118-Casaseca de las Chanas12,56 km²420-Cazurra8,39 km²80-Corrales del Vino75,61 km²1.077Fuente el Carnero e Peleas de ArribaEl Cubo de la Tierra del Vino34,31 km² 421-Cuelgamures14,67 km² 118-Entrala10 km²158-Fuentespreadas 20,07 km² 329-Gema17,85 km²252-Jambrina16,64 km² 207-Madridanos32,10 km²525BambaMoraleja del Vino19,49 km²1.577-Morales del Vino23,68 km²2.709Pontejos del VinoPeleas de Abajo12,01 km²Peleas de Abajo268-El Perdigón51,22 km²El Perdigón766San Marcial e TardobispoEl Piñero19,71 km²El Piñero 266-Santa Clara de Avedillo 16,81 km²Santa Clara de Avedillo201-Sanzoles 25,66 km²Sanzoles600ValdemimbreVillalazán15,04 km²Villalazán333-Villanueva de Campeán12,04 km²Villanueva de Campeán142-Villaralbo 22,05 km²Villaralbo1.870-
Denominación de orixe Terra del Vino de Zamora
A Tierra del Vino ten denominación de orixe dende o 28 de abril de 2007, data na que entrou en vigor a Orde AYG/782/2007 da Consellaría de Agricultura e Gandaría da Xunta de Castela e León.
O Regulamento da denominación de orixe fixa cales son as variedade admitidas na Terra do viño:
As principais son a Tempranillo para tinta, e Malvasía, Moscatel de gran miúdo e verdejo para a branca. As autorizadas son a Garnacha e a Cabernet Sauvignon para tinta, e a Albillo, a Pombo e a Godello para a branca.
O marco de plantación máis habitual nos viñedos en vaso é de 3 * 3 e nos viñedos en espaleira, de 3 * 1,5. A porcentaxe de viñedo en espaleira é do 17,25% respecto do total rexistrado.
Clima
O clima é continental, extremado e árido, con invernos moi fríos e veráns secos e calorosos. As precipitacións son escasas e a súa media anual apenas chega aos 400 mm.
Chans
Os seus chans son profundos, pobres en materia orgánica, moi permeables e con boa capacidade de retención. En profundidade son moi arxilosos. En superficie, nas chairas a presenza de area é moi frecuente, nas abas comezan a aparecer as gravas e nos altos predominan os seixos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Arcenillas Cazurra Casaseca de Campeán Cuelgamures Fuentespreadas Gema Villanueva de Campeán Grupo de Acción Local Toro-Guareña-Vino Morales del Vino Foro de Morales del Vino
Categoría:Comarcas da provincia de Zamora Categoría:Xeografía da provincia de Zamora