Jonathan de Amo Pérez, nado en Barcelona o 13 de xaneiro de 1990, é un futbolista catalán que xoga na demarcación de defensa central.

Traxectoria

Formado nas categorías inferiores do UE Cornellà comezou a xogar profesionalmente no UE Sant Andreu, de onde pasou ao Racing de Santander B no ano 2010, porén no 2011 foi cedido ao Ontinyent CF e finalmente traspasado ao RCD Espanyol B ao ano seguinte. En Barcelona xogou un ano, fichando despois polo Widzew Łódź‎ da primeira división de Polonia.

No ano 2014 fichou polo Celta de Vigo para xogar no filial durante dúas tempadas e outras tres opcionais no primeiro equipo.

Notas

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores da UE Cornellà Categoría:Xogadores do UE Sant Andreu Categoría:Xogadores do Racing de Santander B Categoría:Xogadores do Ontinyent CF Categoría:Xogadores do RCD Espanyol B Categoría:Xogadores do Widzew Łódź Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo