Thomas John Mitchell, nado en Elizabeth (Nova Jersey) o 11 de xullo de 1892 e finado en Beverly Hills (California) o 17 de decembro de 1962 foi un actor estadounidense. En 1953 foi a primeira persoa en gañar a “tripla coroa” da interpretación, ao gañar o Oscar, o Emmy e o Tony.
Traxectoria Mitchell naceu en New Jersey, nunha familia de emigrantes irlandeses. O seu pai e o seu irmán eran xornalistas. Mitchell tamén traballou de reporteiro tras graduarse do instituto, pero axiña descubriu que gozaba máis escribindo obriñas cómicas que buscando exclusivas.
Iniciou a súa carreira como actor en 1913, facendo unha xira coa compañía shakesperiana de Charles Coburn. O seu primeiro papel acreditado no cinema foi en 1923.
A partir da década de 1930 apareceu en filmes moi recoñecidos, e en 1939 gañou o Oscar ao mellor actor secundario por A dilixencia. Nas décadas de 1950 e 1960 traballou principalmente na televisión.
Filmografía Como actor
Six Cylinder Love (1923) Craig's Wife (1936) Theodora Goes Wild (1936) When You're in Love (1937) Lost Horizon (1937) Make Way for Tomorrow (1937) The Hurricane (1937) I Promise to Pay (1937) Trade Winds (1938) Love, Honor and Behave (1938) A dilixencia (1939) Only Angels Have Wings (1939) Mr. Smith Goes to Washington (1939) Foise co vento (1939) The Hunchback of Notre Dame (1939) Swiss Family Robinson (1940) Sinfonía da vida (1940) Angels Over Broadway (1940) The Long Voyage Home (1940) Three Cheers for the Irish (1940) Out of the Fog (1941) The Devil and Daniel Webster (1941) Joan of Paris (1942) Moontide (1942) This Above All (1942) Tales of Manhattan (1942) The Black Swan (1942) Immortal Sergeant (1943) The Outlaw (1943) Bataan (1943) Flesh and Fantasy (1943) The Fighting Sullivans (1944) Buffalo Bill (1944) Wilson (1944) Dark Waters (1944) The Keys of the Kingdom (1944) Adventure (1945) Captain Eddie (1945) Three Wise Fools (1946) A través do espello (1946) Que fermoso é vivir (1946) High Barbaree (1947) The Romance of Rosy Ridge (1947) Silver River (1948) Alias Nick Beal (1949) The Big Wheel (1949) Journey Into Light (1951) Só ante o perigo (1952) Destry (1954) Secret of the Incas (1954) Miracle on 34th Street (telefilme) (1955) While the City Sleeps (1956) Handle with Care (1958) Pocketful of Miracles (1961) By Love Possessed (1961)
Como autor Little Accident (1928 – obra teatral) Papa Sans le Savoir (1932 – obra teatral) All of Me (1934; guión) Life Begins with Love (1937; guión) Little Accident (1939 – obra teatral) Casanova Brown (1944)
Véxase tamén
Ligazóns externas
Fotos de Thomas Mitchell
Categoría:Actores de Nova Jersey Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Union, Nova Jersey Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1962