José Pardo Bazán Mosquera, conde de Pardo Bazán, nado na Coruña o 20 de xuño de 1827 e finado na mesma cidade o 23 de marzo de 1890El Lucense, 28-3-1890, p. 2., foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de Miguel Pardo Bazán e Joaquina Mosquera Ribera, casados en 1821.Xosé Ramón Barreiro, Ricardo Axeitos Valiño, Patricia Carballal Miñán e Jacobo Manuel Caridad Martínez: "La trágica muerte de Joaquina Mosquera Ribera, abuela de Doña Emilia. Un secreto familiar desvelado" La Tribuna: cadernos de estudios da Casa Museo Emilia Pardo Bazán, ISSN 1697-0810, n.º 8, 2010-2011, p. 15-56. Estudou dereito en Madrid e na Universidade de Santiago de Compostela. Con Manuel Vázquez de Parga, foi fundador e redactor de Revista de Galicia. Jornal de intereses materiales, morales e intelectuales. Casou na Coruña en 1850 con Amalia de la Rúa Figueroa Somoza e foi pai de Emilia Pardo Bazán (filla única), que naceu no mes de setembro de 1851. Foi alcalde da Coruña e elixido deputado a Cortes pola Coruña nas eleccións de 1854 e 1869.Ficha no Congreso dos Deputados Morreu de forma repentina en 1890. Soterrárono primeiro no cemiterio de Santo Amaro da Coruña, e en 1905 os seus restos trasladáronse ao pazo de Meirás.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Xenealoxía Pardo Bazán, Emilia (liña paterna)
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1827 Categoría:Finados en 1890 Categoría:Alcaldes da Coruña Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Condes de Galicia