O castelo de Urueña é unha fortaleza de orixe medieval situada na vila de Urueña (a chamada Vila do Libro), na provincia de Valladolid.

Descrición miniatura|Vista da muralla de Urueña. Ten torre da homenaxe cadrada e cubos nas esquinas. Está bastante arruinado e serviu durante moitos anos como cemiterio. Cando se edificou foi unha fortaleza moi importante, pois formaba a liña fronteiriza entre os reinos de Castela e de León, división que levara a cabo a mediados do século XII o rei Afonso VII.

Aquí viviron personaxes importantes da historia de España. Foi a mansión habitual de dona María de Padilla, amante de Pedro I o Cruel. Outros estiveron prisioneiros, como a princesa de Portugal dona Beatriz, quen máis tarde casou con Pero Niño, señor de Cigales (Valladolid). O conde de Urgell Xaime II, derrotado no Compromiso de Caspe e militarmente en Balaguer, foi xulgado e traído prisioneiro por don Fernando de Antequera. A lenda conta que o hóspede prisioneiro máis famoso foi o conde castelán Pedro Vélez, ao ser sorprendido en amoríos dentro do recinto cunha curmá carnal do rei Sancho III de Castela. Un romance conta a historia completa, con estrofas tan descritivas como esta: que o conde don Pedro Vélez no pazo foi achado con unha curmá carnal do rei Sancho o Desexado, as calzas ao xeonllo e o xibón desabrochado…

Véxase tamén

Ligazóns externas

Urueña Categoría:Provincia de Valladolid