Afundación (A Fundación Galicia Obra Social) é unha organización privada de mecenado cultural ligada a Abanca. Procura unha acción educativa, social e cultural que, de xeito sostido, eficiente e relevante, contribúa a mellorar a sociedade galega, dentro e fóra de Galicia, e posibilite así o desenvolvemento integral das persoas que forman parte dela.
Historia O 1 de decembro de 2010: Inscribiuse no Rexistro Mercantil a nova entidade froito da fusión entre Caixanova e Caixa Galicia, Novacaixagalicia, que integraba a actividade financeira e a obra social. O 14 de setembro de 2011 a caixa segrega a súa actividade financeira a Novagalicia Banco e pasa de ter unha participación do 100 % a ter un 6,8 %, o que representa un valor de capital no seu patrimonio de 181 millóns de euros.
O 26 de decembro de 2012 o FROB acordou realizar unha operación de redución e ampliación de capital (operación acordeón) e, como consecuencia, Novacaixagalicia, xa só constituída polas áreas social e de cultura, sen ningún tipo de vinculación coas finanzas, perde toda a súa participación en Novagalicia Banco. O 28 de decembro de 2012 Novacaixagalicia convértese, de acordo á normativa vixente, en Fundación Especial Novacaixagalicia.
O 11 de decembro de 2013 a fundación foi recoñecida como de Interese Social e de Fomento da Economía Produtiva de Galicia. O 18 de decembro de 2013 tivo lugar a declaración de interese galego e inscrición da Fundación Especial Novacaixagalicia Obra Social no Rexistro de Fundacións de Interese Galego co número 2013/12.
O 18 de xuño de 2014 asinouse o convenio de mecenado con ABANCA e aprobación de novos estatutos."Novagalicia inyectará al menos 5 millones al año a la fundación de la antiguas cajas" Faro de Vigo, 21-6-2014 . Adoptou a denominación de Fundación Galicia Obra Social (Afundación) e converteuse en fundación ordinaria. O 27 de xuño de 2014 tivo lugar a inscrición da modificación de estatutos no Rexistro de Fundacións de Interese Galego. O 2 de setembro de 2014 constituíuse o novo padroado de Afundación, configurado segundo os novos estatutos.
Padroado
O máximo órgano de decisión de Afundación é o Padroado no que están representados ABANCA, o noso único mecenas, as sete principais cidades galegas, o Parlamento de Galicia, as deputacións provinciais, a Xunta de Galicia e os traballadores. Todos os seus membros contan cunha ampla experiencia nos campos de actuación de Afundación, tal e como establecera a Xunta de Galicia nos estatutos da entidade.El Progreso
Membros Presidente: Miguel Ángel Escotet Álvarez Vicepresidente: Ángel Sicart Giménez Asesor xurídico: José Eduardo Álvarez-Naveiro Secretario (non no Padroado): Jesús Navazo Ruíz, subdirector xeral de Entidades Financeiras da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, que exerce o protectorado de Afundación Xerente (non no Padroado): Pedro Otero Espinar
Vogais Afonso Ribas Fraga Eladio Fernández Pérez Francisco Botas Ratera Javier Etcheverría de la Muela Jesús Santiago Vázquez Sanluis José Fernández Pernas José Luis Jiménez Martínez José Luis Lolo Celeiro Juan Carlos Escotet Rodríguez Laura Mosquera Escudero M.ª Jesús Budiño Rodríguez Marcelino Agís Villaverde María Isabel González Rey Marta Lucio Gómez Olga Cuña Blanco Óscar Villar Díaz Pedro Raúl López Jácome Ramón Sestayo Lestón Ricardo Díaz-Casteleiro Romero Xosé Carlos Caneiro Pérez Xosé Luis Liñares Barbeito
Colección de arte Afundación
A Colección Afundación é unha colección artística propiedade de Afundación.
No ano 2011 contaba con máis de 5 000 obras,Franjo Santiago, Fernando: La colección Novacaixagalicia reúne más de 5.000 joyas de nuestro arte El Correo Gallego, 20/11/2011 . de máis de 300 autores, entre pintura, escultura, fotografía, gravado e debuxo. Existe unha mostra permanente das obras máis representativas da mesma, na sede Afundación en Vigo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Colección Afundación Fundación Caixa Galicia