Santa Mariña de Circes é unha parroquia do concello coruñés de Touro, na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2009 tiña 118 habitantes (61 mulleres e 57 homes) distribuídos en dúas entidades de poboación, Quintás e Os Chaos, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 143 habitantes. Destas dúas entidades de poboación poderíase debullar outras como As Penediñas. Ten unha superficie de 3,34 km².

Xeografía Está situada ao leste do concello, na marxe dereita do río Ulla, formando unha península rodeada polo curso do Ulla agás polo norte, que linda con Calvos de Socamiño e un cachiño con Turces. A maioría dos seus lindes dan coa provincia de Pontevedra, co río Ulla, mais non ten ningunha ponte sobre o río e as únicas saídas de Circes son as estradas que se dirixen ao norte, a Turces e a Calvos.

Economía Na entrada de Circes áchase o maior conxunto de casas de economía produtiva similar ás freguesías limítrofes, con prados que alimentan ao gando vacún. Achegándonos ao río, dirixíndonos ao sur, o terreo faise moi costento, e esténdese, entre uns poucos prados e regos pequenos, un abundante monte autóctono, que constitúe a maior parte do territorio parroquial.

Había pesca, mais a construción de varias minicentrais hidroeléctricas no curso do río Ulla fixo desaparecer esta riqueza de Circes, xa moi decrecida polo encoro de Portodemouros, situado quilómetros arriba.

Patrimonio Fluvial Paseo Fluvial dos Pombos. Lugar da Barca. Fonte Natural da Piollosa.

Forestal Carballeira da Barca. Contorno do Ulla. Corticeiras de Quintás.

Área recreativa Área Recreativa A Piollosa.

Arquitectura Igrexa de Santa Mariña de Circes. Cruceiro de Circes. Muíños dos Pombos: muíño de Arriba, do Medio e de Abaixo. Fonte de Chaos. Fonte de Quintás.

Festas Os días 18 e 19 de xullo celébranse as festas de Santa Mariña; e tamén o San Roque o luns de Pascua.

Lugares e parroquias Lugares de Circes

Parroquias de Touro

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Touro

Categoría:Parroquias de Touro Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña