Cosme Shi Enxiang, nado en febreiro de 1921 e finado en xaneiro de 2015 na China, foi un bispo católico latino chinés, prefecto apostólico de Yixian dende 2013, finado logo de 14 anos na cadea.

Traxectoria Foi ordenado sacerdote en 1947A data concreta da súa ordenación sacerdotal varía segundo as fontes. Algunhas dan o 1 de xuño mentres que outras mencionan o 14 de agosto. na Igrexa clandestina. Foi arrestado por vez primeira en 1954, e pasou case trinta anos en campos de traballos forzados, nas provincias de Heilongjiang e Shanxi.

En 1982Como no caso da súa ordenación sacerdotal, a data concreta na que foi consagrado bispo varía segundo as fontes. Algunhas mencionan abril. foi consagrado bispo auxiliar de Yixian na clandestinidade, e en 1990 foi arrestado novamente, e liberado en novembro de 1993. En 1995 ou 1996 pasou a ser o ordinario da sé logo de que o seu predecesor, Liu Guandong se retirara. Foi arrestado outra vez no Venres Santo de 2001.

Finou en prisión, logo de 14 anos, e as autoridades comunicaron o seu pasamento en xaneiro de 2015.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Perfil da Prefectura Apostólica de Yixian en GCatholic.org

Categoría:Nados en 1921 Categoría:Nados na China Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos da China Categoría:Finados en 2015