Laetitia Marie Laure Casta, nada en Pont-Audemer o 11 de maio de 1978,FMD profile. Consultado o 4 de decembro de 2009. é unha actriz e modelo francesa. Casta converteuse na rapaza "GUESS?" de 1993, acadando aínda máis fama como "Anxo" de Victoria's Secret dende 1998 até 2000 e como imaxe de L'Oreal. Apareceu en máis de 100 portadas de populares revistas como Cosmopolitan, Vogue, Rolling Stone, Elle e Glamour. Modelou para deseñadores como Yves Saint Laurent, Jean-Paul Gaultier, Chanel, Ralph Lauren, Tommy Hilfiger, J. Crew, Louis Vuitton, Givenchy, Roberto Cavalli, Lolita Lempicka e Vivienne Westwood. Casta tamén é actriz, e apareceu en filmes como Astérix et Obélix contre César, Gainsbourg (Vie heroique), Face e La Bicyclette bleue.

En 2000 foi escollida como imaxe da Marianne, representación feminina da República francesa."Les visages de la République ". En 20 minutes. 5 de xullo de 2013."Marianne Laetitia Casta ". Musées Nationaux Art Studios."Laetitia Casta sera la Marianne de l’an 2000". En La Gazette. 7 de outubro de 1999.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Laetitia Casta en Fashion Model Directory

Categoría:Actores de Francia Categoría:Modelos femininas de Francia Categoría:Nados en Pont-Audemer Categoría:Nados en 1978 Categoría:Franceses de ascendencia corsa