Valeriano Martínez García, nado en Aldán (Cangas de Morrazo) en 1961 e finado en San Caetano (Santiago de Compostela) o 6 de outubro de 2021, chamado tamén Tito Martínez, foi un economista, funcionario e político galego que chegou a ser conselleiro de Facenda da Xunta de Galicia.
Traxectoria Licenciouse en Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomouse en Xestión de Xerencia Hospitalaria pola Escola de Alta Dirección e Administración. En 1985 aprobou as oposicións para ser funcionario do corpo superior de administración xeral da Consellería de Facenda.
Na administración autonómica foi primeiro director xeral de Recursos Humanos do Sergas (1996-2002), e despois director xeral de Transporte ás ordes directas de Núñez Feijoo a partir de 2003. Cando logo das eleccións de 2005 o PP perde o goberno, é nomeado auditor do Consello de Contas de Galicia, ata que coa vitoria de Núñez Feijoo en 2009 é nomeado secretario xeral da presidencia da Xunta.
O 9 de febreiro de 2015 foi designado para ocupar o cargo de conselleiro de Facenda do goberno galegoRomán Rodríguez y Valeriano Martínez, nuevos conselleiros, nova aparecida no diario El País o 9 de febreiro de 2015. , baixo a presidencia de Alberte Núñez Feijoo. Uns meses despois concorreu nas listas do PPdeG e foi elixido deputado no Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2016.
En xaneiro de 2017 renunciou ao cargo de deputado no Parlamento de Galicia para darlle entrada a outras persoas no hemiciclo do Hórreo. Volveu ser elixido nos comicios de 2020 como deputado e en setembro de 2021 de novo volveu deixar o escano a canda moitos dos outros deputados que tamén eran conselleiros.
O 6 de outubro de 2021 faleceu dun infarto mentres traballaba no edificio administrativo da Xunta de Galicia en San Caetano. Na súa lembranza colocouse unha placa nos xardíns deste complexo.
Vida persoal Casara e tivo un fillo. Viviu as últimas décadas da súa vida en Bueu.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Nados en 1961 Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Finados en 2021