Melchor Sangro Rueda, conde da Almina, nado na Coruña o 6 de xaneiro de 1841 e finado en Madrid o 30 de xaneiro de 1909, foi un político galego.
Traxectoria Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse na Universidade de Madrid en 1865. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Santiago nas eleccións de 1865, volveu ser elixido deputado polo distrito de Carral nas eleccións de abril de 1872 e por Corcubión nas de agosto de 1872. Foi secretario e encargado de negocios das legacións de España en Berlín, Florencia e Berna.La Ilustración Gallega y Asturiana, 18-2-1880, p. 4. Na Restauración foi senador pola provincia de Pontevedra de 1877 a 1881, cando foi nomeado senador vitalicio.
Notas
Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1841 Categoría:Finados en 1909