A Igrexa ortodoxa de Antioquía, tamén coñecida como patriarcado de Antioquía e todo o Leste (en , Patriarcheîon Antiocheías), é unha das igrexas ortodoxas autocéfalas, en comuñón co resto da Igrexa ortodoxa.

O primado da Igrexa é o patriarca de Antioquía, o terceiro na orde de precedencia da Igrexa ortodoxa logo dos patriarcas de Constantinopla e Alexandría. O seu territorio tradicional inclúe Siria, o Líbano, Irán, Iraq, Kuwait, os países árabes do golfo Pérsico e parte de Turquía.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial .

Categoría:Igrexa ortodoxa de Antioquía