Arkona (Аркона) é unha banda rusa de pagan metal e folk metal, xurdida no ano 2002 en Moscova. As súas letras están baseadas na historia rusa e a mitoloxía eslava, e ademais incorporan algúns instrumentos tradicionais da música de Rusia (tales como balalaicas, domras, guslis, acordeón ruso ou bayan, zanfonas, violíns, tambores, frautas etc).

A banda formouse en 2002 e dende entón publicaron 7 álbums, 1 demo, 1 recompilatorio e 2 DVD de concertos en vivo. O nome da banda provén do nome da última cidade eslava pagá fortificada, no Cabo Arkona.

No 2014, Vlad "Artist" (batería) deixa a banda, incorporándose ó grupo o batería Andrey Ishchenko, o cal xa tivo participación no álbum de estudio Yav.

Notas

Hai máis dunha banda co nome de Arkona.

Arkona (Polonia): Banda de black metal procedente de Polonia e creada no 1993. Arkona (Tamén de Moscova): pertencen ó subxénero NSBM. Cambiaron o seu nome a Varyag. Arkona (República Checa, Chrudim): Banda de Heavy metal e Hard rock.

Formación actual

Masha "Scream" (voz) Sergej "Lazar" (guitarra) Ruslan "Kniaz" (bajo) Andrey Ishchenko (batería) Vladimir Cherepovsky (Flauta, Gaita)

Discografía miniatura|Masha Scream, 2014. Русь / Rus - DEMO - 2003 Возрождение / Vozrozhdenie - 2004 Лепта / Lepta - 2004 Во Славу Великим! / Vo Slavu Velikim! - 2005 Жизнь во славу / Zhizn Vo Slavu (álbum en directo e DVD) - 2006 От сердца к небу / Ot Serdtsa K Nebu - 2007 Night of Veles DVD - 2009 Поём вместе / Poem Vmeste (recompilación) - 2009 Гой, Роде, Гой! / Goi, Rode, Goi! (2009) Стенка на стенку / Stenka Na Stenku (mini-álbum) - (2011) слово / Slovo (2011) Decade of Glory (álbum en vivo e DVD) - 2013 явь / Yav' (2014)

Véxase tamén

Ligazóns externas Información de bandas de folk metal Last.Fm Perfil da banda en LastFm.es

Categoría:Grupos musicais de Rusia Categoría:Grupos musicais formados en 2002