O monte Errigal (en ), é unha montaña que se atopa preto de Gaoth Dobhair, no condado de Donegal, en Irlanda. Trátase do pico máis alto das Montañas Derryveagh e tamén de todo o condado. Errigal é tamén o monte máis meridional e elevado da cadea montañosa coñecida popularmente como "Na Seacht Deirfiúracha" ("As Sete Irmás"). As Sete Irmás inclúen os montes Muckish, Crocknalaragagh, Aghla Beg, Ardloughnabrackbaddy, Aghla More, Mackoght e Errigal.
Errigal é famoso pola cor e brillos rosados que adquire a súa cuarcita durante o solpor. Tamén foi elixido como a Montaña máis Icónica de Irlanda en 2009.http://www.walkingandhikingireland.com/?p=3
Ascensións Normalmente comézanse a partir do aparcadoiro da estrada R251. Non se precisa equipamento específico para a subida, pero recoméndanse facela con precaución.
Na cultura popular No filme de 2008 Hunger, o protagonista Bobby Sands describe Errigal como unha "fermosa vista". Varias imaxes do monte foron usadas no vídeo musical de 1985 In A Lifetime de Clannad e Bono. Tamén apareceu en numeroso vídeos musicais da cantante local Enya, destacando o vídeo para a canción "How Can I Keep From Singing?". Varias escenas do filme de 2011 Your Highness foron rodadas en Errigal.
Galería de imaxes
1100px|miniatura|Vista panorámica dende o cume.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas O monte Errigal en walkingandhikingireland.com
Categoría:Xeografía de Irlanda