Aquilino Herce Coumes-Gay, nado na Coruña o 5 de febreiro de 1844 e finado en Madrid o 27 de decembro de 1885,La Voz de Galicia, 29-12-1885, p. 3.La Correspondencia de España, 29-12-1885, p. 2. foi un militar e político galego.

Traxectoria Irmán de Luís Herce Coumes-Gay e Bruno Herce Coumes-Gay. Ingresou como cadete no corpo de Artillaría en Segovia en 1859, en 1867 foi nomeado tenente e uns anos despois capitán, chegando a comandante. Amigo de Romero Robledo, na Restauración foi elixido deputado a Cortes polo distrito da Coruña nas eleccións de 1876. Foi gobernador civil de Guadalajara (1880), Zaragoza (1880-1881) e Barcelona (1884-1885) e director xeral de Correos e Telégrafos.

Vida persoal Casou con Osoria Laguna.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1844 Categoría:Finados en 1885 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos