O Gran Premio de Austria de 1982 foi unha carreira do Campionato do Mundo Fórmula 1 celebrada no Circuíto de Österreichring o 15 de agosto de 1982. Foi a 13ª carreira da tempada de Fórmula Un de , o 15º Gran Premio de Austria e a décima terceira que se celebrou en Österreichring. A carreira levouse a cabo sobre 53 voltas ao circuíto de 5´942 quilómetros para unha distancia total de carreira de 315 quilómetros. A carreira foi gañada polo Lotus de Elio de Angelis, que mantivo baixo control a Keke Rosberg no Williams para gañar por apenas 0,050 segundos, ou menos de metade da lonxitude do coche.

Resumo da carreira

Engadiuse unha chicane na entrada aos boxes no principio do ano. Nelson Piquet no Brabham lideraba na primeira curva desde a pole position, mentres que o Renault de Alain Prost pasou ao compañeiro de equipo de Piquet Riccardo Patrese para ser segundo. Máis atrás, houbo unha colisión que eliminou os dous Alfa Romeo de Andrea de Cesaris e Bruno Giacomelli, así como ao Williams de Derek Daly. A vantaxe de Prost sobre Patrese durou só unhas cantas curvas antes de que o italiano vólvese a pasalo. Na volta 2, Patrese arrebatou o liderado a Piquet e os dous Brabhams inmediatamente comezaron a afastarse cos seus tanques medio cheos.

Pouco antes da metade da carreira, Piquet fixo a primeira parada planificada en boxes para botar combustible e cambiar os pneumáticos, na historia moderna da F1. Reincorporouse en cuarto lugar, xusto por diante de Keke Rosberg, logo de perder a posición con Prost e Elio de Angelis. Varias voltas logo de Piquet, Patrese fixo a súa parada. Nese momento, tiña unha vantaxe suficiente para reincorporarse á carreira en primeira posición, aínda que agora só cuns poucos segundos por diante de Prost. O Brabham e o Renault estaban igualados logo da parada, e a diferenza de Patrese con Prost mantíñase relativamente estable. Pero, só un par de voltas logo da súa parada, Patrese sufriu un fallo de motor, o que lle fixo trompear. Prost herdou unha cómoda vantaxe con de Angelis e con Piquet terceiro.

Con todo, o actual campión do mundo loitaba desde a súa parada en boxes, incapaz de achegarse aos líderes, estaba loitando para manterse por diante de Rosberg. Só un par de voltas logo da saída do seu compañeiro de equipo, Piquet retirouse cunha falla eléctrica. Libre do Brabham, Rosberg comezou achegándose a de Angelis, pouco apouco pero reducindo a brecha de 10 segundos. Prost, pola súa banda, parecía sereno coa súa vantaxe de medio minuto antes de sufrir un fallo mecánico a 5 voltas do final.

Isto deixou a de Angelis líder, listo para a súa primeira vitoria, pero Rosberg, que reducira a vantaxe de de Angelis a só uns segundos, parecía voar agora que a súa primeira vitoria parecía próxima, e o finlandés comezou a acercarse máis rapidamente. Na última volta, Rosberg reduciu á brecha a só 1,6 segundos. Acercouse rapidamente no último viraxe, de Angelis aparentemente sucumbía á presión, pero na última curva De Angelis defendeu con calma a liña interior, e Rosberg non puido coller a trazada. A súa axustada entrada na curva causou que de Angelis derrapara na saída, o que permitiu Rosberg intentalo polo interior na recta final, só para perder por só 0,050 segundos, ou menos da metade da lonxitude dun coche.

De Angelis celebrou con ledicia a súa primeira vitoria, mentres que Rosberg aumentaba as súas posibilidades no campionato malia perder a súa primeira vitoria por unha marxe mínima, pasando por diante de John Watson no segundo lugar no campionato, que realmente era o liderado, xa que o líder oficial do campionato Didier Pironi estaba fóra polo resto da tempada con lesións nas pernas. O Ligier de Jacques Laffite completou o podio, mentres que o Ferrari de Patrick Tambay, o McLaren de Niki Lauda e o Arrows de Mauro Baldi completaron os puntos.

A vitoria por De Angelis foi a última celebrada por Colin Chapman co famoso acto de lanzar a súa gorra de tea ao aire logo dunha vitoria de Lotus. Tamén sería a última vitoria dun Lotus construído por Chapman, e a última vitoria dun Lotus ata o Gran Premio de Portugal de 1985.

Clasificación

Cualificación

Pos Nº Piloto Construtor Tempo Diferenza 1 1 Nelson Piquet Brabham-BMW 1:27.612 — 2 2 Riccardo Patrese Brabham-BMW 1:27.971 +0.359 3 15 Alain Prost Renault 1:28.864 +1.252 4 27 Patrick Tambay Ferrari 1:29.522 +1.910 5 16 René Arnoux Renault 1:30.261 +2.649 6 6 Keke Rosberg Williams-Ford 1:30.300 +2.688 7 11 Elio de Angelis Lotus-Ford 1:31.626 +4.014 8 3 Michele Alboreto Tyrrell-Ford 1:31.814 +4.202 9 5 Derek Daly Williams-Ford 1:32.062 +4.450 10 8 Niki Lauda McLaren-Ford 1:32.131 +4.519 11 22 Andrea de Cesaris Alfa Romeo 1:32.308 +4.696 12 12 Nigel Mansell Lotus-Ford 1:32.881 +5.269 13 23 Bruno Giacomelli Alfa Romeo 1:32.950 +5.338 14 26 Jacques Laffite Ligier-Matra 1:32.957 +5.345 15 35 Derek Warwick Toleman-Hart 1:33.208 +5.596 16 14 Roberto Guerrero Ensign-Ford 1:33.555 +5.943 17 36 Teo Fabi Toleman-Hart 1:33.971 +6.359 18 7 John Watson McLaren-Ford 1:34.164 +6.554 19 4 Brian Henton Tyrrell-Ford 1:34.184 +6.572 20 20 Chico Serra Fittipaldi-Ford 1:34.187 +6.575 21 29 Marc Surer Arrows-Ford 1:34.422 +6.810 22 25 Eddie Cheever Ligier-Matra 1:34.620 +7.008 23 30 Mauro Baldi Arrows-Ford 1:34.715 +7.103 24 17 Rupert Keegan March-Ford 1:34.770 +7.158 25 9 Manfred Winkelhock ATS-Ford 1:34.984 +7.372 26 33 Tommy Byrne Theodore-Ford 1:34.985 +7.373 27 18 Raul Boesel March-Ford 1:35.149 +7.537 28 31 Jean-Pierre Jarier Osella-Ford 1:35.206 +7.594 29 10 Eliseo Salazar ATS-Ford 1:35.271 +7.659

Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 11 Elio de Angelis Lotus-Ford 53 1:25:02.212 7 9 2 6 Keke Rosberg Williams-Ford 53 + 0.050 6 6 3 26 Jacques Laffite Ligier-Matra 52 + 1 volta 14 4 4 27 Patrick Tambay Ferrari 52 + 1 volta 4 3 5 8 Niki Lauda McLaren-Ford 52 +1 volta 10 2 6 30 Mauro Baldi Arrows-Ford 52 +1 volta 23 1 7 20 Chico Serra Fittipaldi-Ford 51 +2 voltas 20 8 15 Alain Prost Renault 48 Inxección 3 9 7 John Watson McLaren-Ford 44 Motor 18 Ret 4 Brian Henton Tyrrell-Ford 32 Motor 19 Ret 1 Nelson Piquet Brabham-BMW 31 Eléctrico 1 Ret 33 Tommy Byrne Theodore-Ford 28 Trompo 26 Ret 29 Marc Surer Arrows-Ford 28 Motor 21 Ret 2 Riccardo Patrese Brabham-BMW 27 Motor 2 Ret 25 Eddie Cheever Ligier-Matra 22 Motor 22 Ret 12 Nigel Mansell Lotus-Ford 17 Motor 12 Ret 16 René Arnoux Renault 16 Inxección 5 Ret 9 Manfred Winkelhock ATS-Ford 15 Trompo 25 Ret 35 Derek Warwick Toleman-Hart 7 Suspensión 15 Ret 36 Teo Fabi Toleman-Hart 7 Transmisión 17   Ret 14 Roberto Guerrero Ensign-Ford 6 Trompo 16 Ret 3 Michele Alboreto Tyrrell-Ford 1 Trompo 8 Ret 17 Rupert Keegan March-Ford 1 DirecciónSteering 24 Ret 5 Derek Daly Williams-Ford 0 Colisión 9 Ret 22 Andrea de Cesaris Alfa Romeo 0 Colisión 11 Ret 23 Bruno Giacomelli Alfa Romeo 0 Colisión 13 NSC 18 Raul Boesel March-Ford NSC 31 Jean-Pierre Jarier Osella-Ford NSC 10 Eliseo Salazar ATS-Ford

Posicións logo da carreira

Clasificación do campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Didier Pironi 39 2 Keke Rosberg 33 3 John Watson 30 4 Niki Lauda 26 5 Alain Prost 25

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Ferrari 64 2 McLaren-Ford 56 3 Williams-Ford 46 4 Renault 44 5 Lotus-Ford 29

Nota:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Líderes por volta: Nelson Piquet 1 (1), Riccardo Patrese 26 (2-27), Alain Prost 21 (28-48), Elio de Angelis 5 (49-53) Primeira vitoria para: Elio de Angelis A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de

Ligazóns externas

Austria Categoría:Gran Premio de Austria de Fórmula 1