A Real Federación Española de Béisbol y Sófbol (RFEBS) é o organismo reitor do béisbol e do sófbol en España desde a súa fundación o 23 de marzo de 1944 baixo o nome de Federación Española de Pelota Base.

Estende a súa actividade e competencia a todo o territorio nacional, e está composta polas federacións de ámbito autonómico, os clubs deportivos, os deportistas, os técnicos e os xuíces. Supervisa e emite resultados e calendarios. Encárgase da formación e elección dos integrantes dos equipos que representarán a España nas competicións internacionais.

Historia Fundada oficialmente o 23 de marzo de 1944 baixo o nome de Federación Española de Pelota Basee, tivo como primeiro presidente a Francisco Amescua García-López.

Está afiliada á Confederación do Béisbol Europeo (CEF) e á Federación Internacional de Béisbol (IBAF)

Presidentes Desde Ata Presidente 1944 1945 Francisco Amescua 1945 1947 Fernando Quesada 1953 1967 Ramón Arroyo de Carlos (Conde de Cheles) 1967 1969 Jacinto Barrio Maldonado 1969 1982 Francisco Gómez Pérez-Piñán 1982 1988 Miguel Ortín Rull 1988 2000 Miguel Ángel Pozueta Uribe-Echevarría 2000 Julio Pernas López

Notas

Véxase tamén Outros artigos Béisbol Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Béisbol en España Beisbol