Schönhausen é unha cidade do distrito de Stendal en Saxonia-Anhalt, Alemaña. É a sede administrativa do Verbandsgemeinde ("concello colectivo") de Elbe-Havel-Land.
Historia Schönhausen foi fundada a comezos do século XIII polos bispos de Havelberg. O edificio máis antigo do lugar data de 1222, e é unha igrexa románica construída con ladrillo. En 1562, a través da chamada Permutationsvertrag, a vila pasou a ser parte do territorio dos Bismarck.
Durante a Guerra dos Trinta Anos, foi case destruída por Suecia. A comezos do séclo XVIII, o castelo de Bismarck acabouse de construír. O 1 de abril de 1815 naceu Otto von Bismarck. Porén, o ano seguinte trasladouse a Pomerania. Trala morte do seu pai, el fíxose cargo da familia. O 2 de agosto de 1958, o Castelo de Bismarck é declarado Patrimonio da Humanidad por ser un símbolo do militarismo prusiano.
Xeografía A localidade de Schönhausen (Elba) atópase a 70 km ó norte de Magdeburgo, na beira leste do río Elba, a medio camiño entre Rathenow e Stendal.
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de Schönhausen
Categoría:Cidades de Saxonia-Anhalt