Santa María de Paramos é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Val do Dubra. Segundo o IGE en 2014 tiña 185 habitantes (96 mulleres e 89 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 239 habitantes. Patrimonio

A construción da igrexa parroquial, sitúase no século XIII. A comezos do século XIX contaba con tres altares (o maior e dous laterais, dedicados a san Pedro e a santo Antonio). A edificación actual conserva o estilo románico, a nave e a ábsida rectangular, unha pequena xanela con columnas e unha arquivolta xedrezada, unha porta lateral e varias ménsulas antropomórficas, vexetais e animais.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Paramos

Parroquias de Val do Dubra

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Val do Dubra

Categoría:Parroquias de Val do Dubra Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María