Hipólito Cabezas Martínez máis coñecido coma Polito, nado en Vigo en 1940 e finado o 7 de outubro de 2015, é un exfutbolista galego. Xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria Formado nas categorías inferiores do Celta de Vigo pasou do filial ao primeiro equipo na tempada 1960/61 na Segunda División, porén a causa da súa xuventude foi cedido ao Racing de Ferrol, equipo no que non chegou a debutar en partido oficial.
Non volveu ter peso no primeiro equipo ata a tempada 1962/63, na que foi o máximo anotador do equipo con nove goles, ao igual que o seu compañeiro Abásolo.
Tras deixar o Celta en 1964 volveu ao Racing de Ferrol, pero unha lesión volveu deixalo sen debutar co equipo departamental. Retirouse do fútbol profesional tras xogar unha tempada no UD Melilla.
Categoría:Nados en 1940 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores da UD Melilla