Juan Goyarán Leiceaga, nado o 9 de agosto de 1940 en Lasarte-Oria (Guipúscoa) é un exfutbolista vasco que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria Destacou nas filas do Deportivo Alavés en Segunda División, na tempada 1963/64, esa grande actuación fixo que o Celta de Vigo se fixara nel e o fichara para a tempada seguinte, buscando renovar o equipo de cara a tentar o ascenso á máxima categoría.
No equipo galego non tivo unha gran continuidade, participando 16 encontros e anotando 6 goles, o que o converteu no máximo anotador do equipo xunto aos seus compañeiros Pintos e Téllez. Ao final dese ano o equipo galego volve a reestruturarse e numerosos xogadores deixan o equipo, entre eles Goyarán, que ficha polo CD Badajoz.
Categoría:Nados en Lasarte-Oria Categoría:Nados en 1940 Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do CD Badajoz Categoría:Xogadores do Real Burgos