Unha úlcera é toda lesión aberta da pel ou membrana mucosa con perda de substancia. As úlceras poden ter orixe e localización moi variada. As máis frecuentes son as que afectan á parede do estómago ou duodeno, chamadas úlceras pépticas.

Tipos Úlceras pépticas Afecta á mucosa estomacal (úlcera gástrica) ou duodeno (úlcera duodenal). Ás veces prodúcense tamén úlceras do esófago en pacientes afectados por esófago de Barrett. A maioría das úlceras ocorren na primeira capa de revestimento interior. Ao orificio que atravesa por completo o estómago ou o duodeno chámaselle perforación e supón, pola súa gravidade, unha urxencia médica.

Úlceras cutáneas A úlcera cutánea é unha lesión da pel que implica perda da epiderme, parte da derme, e incluso da hipoderma; pode tratarse dunha ferida unicamente superficial ou dunha afectación máis profunda. Distínguense varios tipos segundo a orixe: por fricción, por presión ou mixtas. Existen distintos orixes e en moitos casos acostuman a ter unha evolución crónica.

Úlceras por presión As úlceras por presión constitúen un tipo especial de lesións causadas pola mala irrigación sanguínea e nutrición tisular como resultado da presión prolongada sobre prominencias óseas e cartilaxinosas. Preséntanse principalmente en pacientes prostrados, xa sexa por obesidade, con apoio ventilatorio, rixidez ósea, vellez, etc. Sendo en ocasións necesaria a atención personalizada dun equipo de enfermería dedicado exclusivamente a curar e previr este tipo de úlceras.

Factores de risco Lesións cutáneas. Pel reseca. Falta de elasticidade. Inmobilidade. Cama con engurras. A presión continua sobre tecidos brandos de prominencias óseas produce hipoxia e necrose. Humidade. Nutrición deficiente. Idade avanzada. Inflamación ou retención de líquidos.

Zonas máis frecuentes nas que se producen as úlceras por presión Rexión sacra. Calcañares. Tuberosidades isquiáticas. Cadeira Cóbados. Costas. Columna vertebral. Rexión occipital.

Prevención de úlceras por presión Manter a pel limpa e seca. Cambiar de posición, cando menos, cada dúas horas. Utilizar almofadas e produtos que alivien a presión. Mellorar o estado nutricional. Manter un bo aliñamento corporal. Non dar masaxes na área de prominencias óseas. Utilizar colchón de presións alternas.

Úlcera xenital Situadas na rexión xenital, en moitas ocasións están causadas por enfermidades de transmisión sexual, como a sífilis, o chancroide e o linfogranuloma venéreo. Úcera corneal Este tipo de úlceras ten lugar na córnea. Pode ser consecuencia de infeccións, queratite ou traumatismos sobre o ollo e en ocasións provocan secuelas consistentes en déficit de visión. Unha das úlceras corneais máis frecuentes é a producida polo virus do herpes simple, chamada úlcera dendrítica pola súa forma ramificada. Úlcera bucal As úlceras bucais son lesións abertas ocasionadas por diferentes factores: Xinxivite. Herpes simple. Intubación prolongada. Cancro de boca. Candidosis bucal.

A sintomatoloxía é dor bucal, lesións visibles na boca e perda de apetito.

Categoría:Doenzas da pel