Unha sala de control (en inglés Control Room) é o lugar onde se rexistra e se edita un sinal de son. Estas salas, atopadas normalmente dentro de estudios de gravacións, necesitan dunhas características especiais segundo o seu tipo, pero xeralmente son habitacións insonorizadas onde non pode entrar ningún tipo de son do exterior e que ademais favorecen acusticamente o traballo que se realiza nela.

Sala Rettinger miniatura|Sala Rettinger

En 1977 Michael Rettinger comezou a darlle grande importancia á sala de control, e estableceu unhas características que para el eran fundamentais. Presentaba unha sala de como mínimo uns 150 metros cúbicos (e ser un 20 % do estudo de gravación), que non debe ser rectangular, senón máis ben forma de trapecio ou semitrapecio, polo que as paredes laterais deberán ter unha certa inclinación, deste modo evítase que os modos propios da habitación afecten á acústica desexada.

En canto aos materiais a empregar, Rettinger instalaba superficies reflectoras en paredes laterais e teito, mentres que a parede traseira se acondiciona de maneira que sexa moi absorbente e non poida chegar ningunha reflexión de primeira orde ao técnico.

Sala Non-Environment Tom Hidley elaborou no ano 1983 este novo modelo co obxectivo de conseguir unha monitorización que se asemellara o máis posible á escoita en campo libre. Baséase principalmente en situar os altofalantes nunha parede reflectora, ao igual que o chan, mentres que as demais estarán cheas de material absorbente, deste modo conséguese unha resposta máis uniforme.

Como contra, a instalación deste sistema ten un custo moi elevado, xa que necesita moitos materiais para absorber todas as frecuencias, coa construción por exemplo de labirintos acústicos, que son moi eficientes para os graves.

Sala Lede No 1980, Don Davis foi un dos pioneiros en introducir un novo modelo de salas de control. Este novo modelo dividía a sala en dúas partes, a dianteira, que é totalmente absorbente (sala morta) e a traseira, que estará recuberta de material reflector (sala viva). Deste modo, conséguense evitar fortes reflexións que poidan producir un efecto de cancelación.

Xeometricamente, Davis evita as paredes paralelas para que non se acumule ningún tipo de onda estacionaria.

Sala Jensen Tipo de sala de control creada por Wolfan Jensen a mediados dos anos 70. Usa materiais absorbentes en forma de dentes de serra, apuntando cara aos altofalantes e así evitar que as reflexións se dirixan cara ao técnico.

Polas súas características este tipo de sala tamén pode ser utilizado como sala de gravación.

Véxase tamén Outros artigos Foley Ligazóns externas Acústica de salas de control

Categoría:Son