Echosmith é un grupo estadounidense de rock e indie pop formado en febreiro de 2009 en Chino (California). Está composto por catro irmáns: Graham, Sydney, Noah e Jamie Sierota. Echosmith asinou con Warner Bros. Records en maio de 2012. Son coñecidos polo seu éxito "Cool Kids", que acadou o número 13 na Billboard Hot 100 e foi certificado como platino pola RIAA con máis de 1 200 000 vendas nos Estados Unidos. O seu primeiro álbum, Talking Dreams, foi lanzado o 8 de outubro de 2013.

Discografía Álbums de estudio + Lista de álbums de estudio coas posicións nas listas Título Detalles Posición US USHeat USRock AUS AUT DEN GER NL SWI Talking Dreams Lanzamento: 8 de outubro de 2013 Selo: Warner Bros. Formatos: CD, LP, descarga 109 1 48 45 39 23 47 46 35

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais do condado de San Bernardino Categoría:Grupos musicais formados en 2009