miniatura|Micrografía electrónica de transmisión de taquizoítos de Toxoplasma gondii. Micronemas: mn (facer clic para ampliar). miniatura|Esquema dun apicomplexo. O número 3 son os micronemas.

Os micronemas son orgánulos típicos de protozoos Apicomplexa con función secretora. Están situados no terzo apical do protozoo, son pequenos e delgados con forma de corda enroscada e rodeados de membrana, cunha matriz interna electrodensa debido ao seu contido proteico. O seu nome vén da súa forma: micro + nema = microfíos.Farlex Partner Medical Dictionary en The Free Dictionary Microneme Estes orgánulos secretores especializados crese que son importantes para a motilidade por esvaramento dos apicomplexos e para a invasión da célula hóspede.

Estes orgánulos segregan varias proteínas, como o da familia proteica do antíxeno da membrana apical 1 ou PfAMA1 de Plasmodium falciparum, e o antíxeno da familia eritrocitaria ou EBA. Estas proteínas están especializadas na unión a receptores de superficie dos eritrocitos do hóspede e facilitan a entrada do parasito no eritrocito. Só grazas a este intercambio químico inicial facilitado polos micronemas pode o parasito penetrar no eritrocito por medio do complexo motor de actina-miosina.

Postulouse que este orgánulo funciona cooperativamente coas roptrías, as cales son tamén orgánulos secretores especializados. É posible que, o micronema inicie a unión ao eritrocito, e a roptría segregue proteínas que crean a membrana vacuolar parasitófora, na cal o parasito pode sobrevivir e reproducirse.Henryka Dlugonska. Toxoplasma Rhoptries: Unique Secretory Organelles and Source of Promising Vaccine Proteins for Immunoprevention of Toxoplasmosis. Journal of Biomedicine and BiotechnologyVolume 2008 (2008), Article ID 632424, 7 pageshttp://dx.doi.org/10.1155/2008/632424. Soldati D, Dubremetz JF, Lebrun M. Microneme proteins: structural and functional requirements to promote adhesion and invasion by the apicomplexan parasite Toxoplasma gondii. Int. J. Parasitol. 2001 Oct;31(12):1293-302. PMID 11566297

Notas

Categoría:Orgánulos Categoría:Apicomplexos