Alejandro Gómez Alonso, nado en Forcarei en 1973, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria Estudou Dereito. Foi presidente de Novas Xeracións (1998-2003). Foi concelleiro e voceiro do PPdeG de Forcarei. En 2003 substituíu como deputado a Corina Porro. Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas eleccións de 2005 e volveu ser deputado na VIII e IX lexislaturas, sendo voceiro de Infraestruturas do Grupo Parlamentario Popular. É secretario de Organización do PPdeG.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Forcarei Categoría:Nados en 1973 Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes