San Pedro de Vilanova é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Vedra na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2010 tiña 325 habitantes (167 mulleres e 158 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 332 habitantes.
Toponimia Segundo Nicandro Ares San Pedro deriva do antropónimo latino relacionado con (pedra). É un nome de santo, haxiotopónimo.
Patrimonio Trala capela do Santiaguiño e ó pé do camiño de Santiago, érguese unha fonte construída en 1670. A ámbolos lados mostra dúas figuras procedentes do coro pétreo do mestre Mateu, desmontado en 1603-1604.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de San Pedro de Vilanova
Parroquias de Vedra
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vedra
Categoría:Parroquias de Vedra Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro Categoría:Localidades do Camiño da Vía da Prata Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía