María Remedios Quintas Álvarez, nada en Bande en 1960, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Procuradora e profesora de Xeografía e Historia. Foi directora do colexio C. Cisneros (2002). Foi concelleira do PSdeG-PSOE en Ourense (2003-2007) e Secretaria de Organización do PSdeG-PSOE na provincia de Ourense (2009-2017). Foi elixida deputada do Parlamento de Galicia nas eleccións de 2009 e volveu ser elixida nas eleccións de 2012. Foi portavoz de Traballo do Grupo Socialista. Concorreu de novo nas eleccións de 2016 pero non resultou elixida, logo de forte retroceso sufrido pola formación na provincia.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados en Bande Categoría:Nados en 1960 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da VIII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da IX Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Concelleiros de Ourense