miniatura|Tumba de cámara de Capel Garmon Bro Garmon é unha comunidade de Conwy en Gales de 652 habitantes, situada no leste do val de Conwy. O principal asentamento é Capel Garmon, e tamén están habitados os lugares de Glan Conwy, Melin-y-coed, Nebo, Oaklands e Pentre-tafarn-y-fedw. A zona máis elevada é Moel Seisiog a 468 m no leste da comunidade. No sur de Capel Garmon localízase unha tumba de cámara neolítica datada hai 5500 anos. O 68,2% da poboación ten algunha clase de competencia en lingua galesa.
Notas
Categoría:Comunidades de Gales