Thaddeus Charles Young, nado o 21 de xuño de 1988 en Nova Orleáns, Luisiana, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Phoenix Suns da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional O 28 de xuño de 2007, Young foi elixido na 12ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Philadelphia 76ers. Fixo o seu debut na NBA o 7 de novembro de 2007, na vitoria dos Sixers por 94-63 contra os Charlotte Bobcats. Young rematou o partido con 6 puntos e 3 rebotes.
O 23 de agosto de 2014, completouse un traspaso entre os Sixers, os Minnesota Timberwolves e os Cleveland Cavaliers. Como parte do acordo, Young foi traspasado ós Timberwolves xunto a Andrew Wiggins e Anthony Bennett, os dous entón nos Cavaliers. Os Cavaliers recibiron a Kevin Love de Minnesota, e os Sixers recibiron a Luc Mbah a Moute e Alexey Shved dos Timberwolves, e unha elección da primeira rolda do Draft de 2015 por parte dos Cavaliers.
O 19 de febreiro de 2015, Young foi traspasado ós Brooklyn Nets a cambio de Kevin Garnett. Ó día seguinte fixo o seu debut cos Nets, na vitoria por 114-105 sobre os Los Angeles Lakers. Young rematou con 8 puntos e 4 rebotes en 12 minutos de xogo.
O 7 de xullo de 2016, Young foi traspasado ós Indiana Pacers a cambio dos dereitos do Draft de Caris LeVert.Pacers Acquire Teague, Young in Trades
O 6 de xullo de 2019, Young asinou cos Chicago Bulls.
O 11 de agosto de 2021, Young foi traspasado xunto a Al-Farouq Aminu e varias eleccións do Draft ós San Antonio Spurs, a cambio de DeMar DeRozan.
O 10 de febreiro de 2022, Young foi traspasado xunto a Drew Eubanks e unha elección da segunda rolda do Draft ós Toronto Raptors, a cambio de Goran Dragić e unha elección da primeira rolda do Draft de 2022. O 30 de xuño de 2022, Young asinou un contrato de dous anos cos Raptors.
O 8 de febreiro de 2024, os Raptors traspasaron a Young xunto a Dennis Schröder ós Brooklyn Nets a cambio de Spencer Dinwiddie, pero foi cortado ese mesmo día.
O 20 de febreiro de 2024, Young asinou cos Phoenix Suns.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Nova Orleáns, Luisiana Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns