El Diario, foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1865 e 1866.

Historia e características Periódico de avisos e noticias, apareceu en febreiro de 1865. Dirixido por Félix Moreno Astray, tiña como redactores a Ramón Segade Campoamor e ao propio Moreno Astray. Imprimíase nos obradoiros de Cástor Míguez. Cesou a súa publicación en abril de 1866.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1865 en Galicia