O Bach-Werke-Verzeichnis ou BWV (Catálogo de Obras de Bach) é o sistema de numeración usado para identificar as composicións musicais de Johann Sebastian Bach. O prefixo BWV, seguido polo número de obra, é a identificación das obras de Bach. As obras deste catálogo están agrupadas temáticamente, non cronoloxicamente. O título completo do catálogo é Thematisch-systematisches Verzeichnis der musikalischen Werke von Johann Sebastian Bach (Catálogo Temático-Sistemático de Composicións Musicais de Johann Sebastian Bach).

Por extensión, BWV é o sistema de numeración das obras de Bach que se emprega na actualidade. En ocasións mencionase a serie BWV como números Schmieder, e é citada como S.130, en lugar de BWV 130, se ben esa práctica é minoritaria.

Historia O rexistro das obras de Bach, ou Bach-Werke-Verzeichnis (Catálogo de Obras de Bach), abreviado BWV, foi elaborado por Wolfgang Schmieder, e foi presentado en 1950. Dende a súa creación experimentou varias melloras e correccións, aínda que estas non afectaron á súa estrutura básica. Este catálogo pasou a substituír os da Bach Gesellschaft, que entre 1850 e 1900 publicara a obra completa de Bach en 46 volumes.Hans T. David & Arthur Mendel, eds. (1998). The New Bach Reader: A Life of Johann Sebastian Bach in Letters and Documents ((Revised and expanded by Christoph Wolff) edición). NY: Norton. p. 504. ISBN 0-393-31956-3

O descubrimento de máis obras de Bach e a omisión doutras que lle foran atribuídas anteriormente levou a que a numeración sexa parcialmente incompleta e tivo que ser ampliada con outras obras despois do número 1080.

Posteriormente á aparición do catálogo Bach-Werke-Verzeichnis apareceron outros catálogos como o Bach Compendium, comezado en 1985. Por outra banda, o catálogo Zwang presenta un sistema alternativo para enumerar as cantatas BWV 1–215 e 248–249 tendo en conta a data de composición.

A edición de 1990 do catálogo BWV é ISBN 3-7651-0255-5.

Notación A orde adoita expresarse do seguinte xeito: primeiro o título e se é necesario a tonalidade da obra, a continuación o número, e finalmente, en ocasións, o ano de composición, no caso de que sexa coñecido. Por exemplo: Misa en sol menor, BWV 235 (circa 1738). É posible tamén encontrar unha mesma obra baixo a denominación de varios números Schmieder, por exemplo: Das wohltemperierte Klavier (BWV 846-893).

Nalgúns casos adoita sinalarse o obra polo seu título en alemán, seguida do número Schmieder e o número de orde da sección dentro da obra. Deste xeito, na cantata Herz und Mund und Tat und Leben, BWV 147 (O corazón, a boca, os feitos e a vida), o coro que pecha a segunda parte pode citarse do seguinte xeito: "Jesus bleibet meine Freude", BWV 147,10 (é dicir, a décima sección do número Schmieder 147). Pode ocorrer que Bach tivera composto varias versións dunha mesma obra, o que se sinala cunha letra ao final do número Schmieder. Por exemplo, a cantata secular Was mir behagt, ist nur die muntre Jagd, BWV 208 (Cantata da caza), presentouse tamén como cantata sacra, e figura no catálogo como BWV 208a.

Estrutura do catálogo As obras de Bach deste catálogo están agrupadas en dúas grandes seccións: primeiro a música vocal (BWV 1-524) e despois a música instrumental (BWV 525-1127). Dentro destas dúas seccións as obras están agrupadas por xéneros e non por data, polo que un BWV menor non indica que sexa unha composición temperá. Existe tamén un apéndice do catálogo, denominado BWV Anh, con obras das que só sobreviviron fragmentos, consideradas perdidas etc.

Cómpre ter en conta que Bach non asignaba o tradicional número de opus ás súas obras, e que imprimiu poucas das súas composicións en vida, o que provocou e segue a provocar problemas de datación e atribución. Tamén hai que ter en conta que as súas obras caeron no esquecemento ata que no século XIX Felix Mendelssohn fomentou o seu redescubrimento para o gran público. Tales circunstancias significaron que as obras de Bach tiveran unha clasificación problemática, o que exixiu unha intensa investigación musicolóxica.

O catálogo está estruturado do seguinte xeito:

NúmeroXéneroDivisións internas 1-224 Cantatas 225-524 Outras composicións vocais 225-231: Motetes.232-242: Misas.243: Magnificat.244-247: Paixóns.248-249: Oratorios.250-524: Composicións corais. 525-771 Composicións para órgano 772-994 Pezas para teclado 995-1013 Música para instrumentos a solo 995-1000 e 1006a: Obras para laúde solo.1001-1006: Sonatas e partitas para violín solo.1007-1012: Suites para violonchelo solo.1013: Partita para frauta solo. 1014-1040 Música de cámara 1014-1023: Sonatas para violín e teclado.1027-1029: Sonatas para viola da gamba e teclado.1030-1035: Sonatas para frauta e teclado.1036-1040: Trío-sonatas. 1041-1071 Obras orquestrais 1041-1065: Concertos para solista e orquestra.1079: Musikalisches Opfer.1080: Die Kunst der Fuge. 1072-1080 Obras contrapuntísticas 1072-1078: canons.1066-1071: Aberturas e Sinfonías. 1081-1127 Últimas atribucións

A abreviatura Anh. refírese ao apéndice (Anhang) do catálogo, distribúese do seguinte xeito: Anh. 1-23 agrupa obras perdidas e fragmentarias, Anh. 24-155 obras dudosas e Anh. 156-189 as falsas atribucións.Enrique M. Miura, J. S. Bach. Península, Barcelona, 2001, páx 355.

A expresión deest (do latín de, negación, e est, estar) ou o seu plural (desunt), usada en certos catálogos das obras de Bach (mais non como número BWV) significa simplemente que carece de número Schmieder, sexa polas dúbidas da súa atribución, polo seu recente descubrimento ou por calquera outro motivo argumentado polo seu editor.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Wolfgang Schmieder (editor). Thematisch-systematisches Verzeichnis der musikalischen Werke von Johann Sebastian Bach. Leipzig: Breitkopf & Härtel, 1950. Unaltered up unto its eighth printing in 1986. (2) Second edition: Thematisch-systematisches Verzeichnis der musikalischen Werke von Johann Sebastian Bach: Bach-Werke-Verzeichnis, überarbeitete und erweiterte Ausgabe. Wiesbaden: Breitkopf & Härtel, 1990. ISBN 3-7651-0255-5 - ISBN 978-3-7651-0255-4 (2a) Alfred Dürr, Yoshitake Kobayashi (eds.), Kirsten Beißwenger. Bach Werke Verzeichnis: Kleine Ausgabe, nach der von Wolfgang Schmieder vorgelegten 2. Ausgabe. Prefacio en inglés e alemán. Wiesbaden: Breitkopf & Härtel, 1998. ISBN 3-7651-0249-0 - ISBN 978-3-7651-0249-3

Outros artigos Catálogo musical

Ligazóns externas Catálogo completo Wolf's Thematic Index of the Works of the Great Composers

Categoría:Johann Sebastian Bach