Hairspray é un filme musical romántico de 2007 dirixido por Adam Shankman e baseado no musical de Broadway de 2002 do mesmo título, que á súa vez estaba baseado no filme de John Waters do mesmo título de 1988.

O guión adaptouno Leslie Dixon, recollendo elementos tanto do da película de Walters como do realizado para o musical por Thomas Meehan e Mark O'Donnell. Hairspray incorpora cancións do musical de Broadway escritas por Marc Shaiman e Scott Wittman, así como catro novas composicións de Shaiman/Wittman non presentes no musical.

Estreada con éxito de crítica, Hairspray foi tamén un éxito comercial, logrou o récord de vendas na semana da estrea dun filme musical, que mantivo ata xullo de 2008 ao superalo Mamma Mia! e en outubro High School Musical 3: Senior Year."High School Musical" breaks record. Reuters Hairspray converteuse no sétimo filme musical con maior recadación na historia do cinema norteamericano..

Sinopse

A historia decorre en Baltimore nos anos 60. Unha moza, Tracy (Nikki Blonsky), soña con bailar no espectáculo de Corny Collins, un programa de baile da televisión local e consegue a súa arela grazas a unha das estrelas do espectáculo, Link (Zac Efron) converténdose nunha estrela, e utilizando a súa fama para falar en nome da causa na que cre, a integración racial, para o que conta coa axuda de súa nai Edna (John Travolta), e seu pai Wilbur (Christopher Walken), a súa mellor amiga Penny Pingleton (Amanda Bynes), a DJ afroamericana, Motormouth Maybelle (Queen Latifah), e mais os fillos de Motormouth, Seaweed (Elijah Kelley) e Little Inés (Taylor Parks). Mais con todo Tracy gaña a rivalidade da anterior estrela do programa, Amber Von Tussle (Brittany Snow), e súa nai, (Michelle Pfeiffer), unha muller manipuladora e racista. A rivalidade é máxima cando Amber e Tracy loitan polo título de Miss Teenage Hairspray 1962.

Notas

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Adam Shankman Categoría:Filmes sobre temas raciais Categoría:Filmes de comedia adolescente dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Hamilton, Ontario Categoría:Filmes ambientados en 1962