Jean-Michel Basquiat, nado en Brooklyn o 22 de decembro de 1960, e finado en NoHo o 12 de agosto de 1988, foi un artista, músico e produtor estadounidense. Basquiat acadou a fama como parte de SAMO, un grupo informal de graffiti que debuxaba enigmáticos epigramas no Lower East Side de Manhattan, Nova York. Na década de 1980s comezou a exhibir as súas obras neoexpresionistas e primitivistas en galerías e museos de todo o mundo. O Whitney Museum of American Art realizou unha retrospectiva da súa arte en 1992.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web
Categoría:Arte contemporánea Categoría:Pintores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1960 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Estadounidenses de ascendencia haitiana Categoría:Estadounidenses de ascendencia portorriqueña Categoría:Finados por sobredose