A Facultade de Bioloxía e a Facultade de Ciencias do Mar de Vigo son centros da Universidade de Vigo, anexadas dentro do «Edificio de Ciencias Experimentais» do Campus das Lagoas - Marcosende.
Historia No ano 1977 comezouse a impartir docencia de bioloxía no Colexio Universitario de Vigo (o naquela hora chamado "o Cuvi"), como unha extensión da Universidade de Santiago de Compostela en Vigo para os primeiros cursos da licenciatura. No 1990 a Fundación Universidade de Vigo iniciou a construción da Facultade de Ciencias. Mentres se realizaba a obra, as primeiras titulacións propias impartíronse no edificio de Humanidades. Expedíronse as primeiras titulacións da facultade no 1992. No 1995 a Facultade de Ciencias mudouse ao novo edificio. Ademais das xa impartidas Bioloxía e Química, no 1996 comezouse a docencia da nova titulación de Ciencias do Mar. Non foi ata o 2002 cando a Facultade de Ciencias se separou en tres facultades independentes: Facultade de Bioloxía, Ciencias do Mar e Química .
No ano 2009 extínguese a Licenciatura de Bioloxía, ao seguir as novas directrices do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) e introducir o Grao en Bioloxía. Tamén o fixo Ciencias do Mar no 2013, despois de 18 anos de licenciaturas.
Titulacións Titulacións de Grao Grao en Bioloxía Grao en Ciencias do Mar Titulacións de Posgrao Mestrado Universitario en Acuicultura Mestrado Universitario en Bioloxía Mariña Mestrado Universitario en Biotecnoloxía avanzada Mestrado Universitario en Ciencias biolóxicas: Bioloxía Molecular, Computacional e Ambiental e Bio-Industrias Mestrado Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade de Ciencias Experimentais, Bioloxía, Xeoloxía, Física e Química Mestrado Universitario en Neurociencia Mestrado Universitario en Oceanografía
Programas de Doutoramento Doutoramento en Biotecnoloxía avanzada Doutoramento en Endocrinoloxía Doutoramento Do*Mar Doutoramento en Metodoloxía e Aplicacións en Ciencias da Vida Doutoramento en Nanomediciña Doutoramento en Neurociencia e Psicoloxía Clínica
Notas
Véxase tamén Outros artigos Universidade de Vigo Ligazóns externas Páxina web de Bioloxía Páxina web de Ciencias do Mar
Categoría:Facultades en Vigo Categoría:Institutos e centros de investigación de Galicia