son a segunda entrega da serie de videoxogos de Pokémon, de xénero RPG, desenvolvidos pola compañía xaponesa Game Freak e publicados por Nintendo para a súa consola portátil Game Boy Color. Os xogos posúen unha capacidade dual de conexión, posto que se pode xogar a eles tanto na Game Boy Color como na consola monocromática Game Boy. A diferenza da versión Pokémon Crystal, que non posúe esa dualidade.

Os títulos foron lanzados primeiramente no Xapón durante 1999, en Australia e Estados Unidos en 2000, e en Europa no 2001. Crystal, unha edición especial dos dous xogos anteriores, foi lanzada á venda aproximadamente un ano despois en cada unha das mencionadas rexións. No 2009 fíxoselles un remake aos xogos para a consola Nintendo DS, chamado Pokémon HeartGold e SoulSilver.

Véxase tamén

Ligazóns externas (USA)

Categoría:Videoxogos de Pokémon Categoría:Videoxogos de 1999 Categoría:Videoxogos de Game Boy Color Categoría:Videoxogos de Game Freak Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Xapón Categoría:Videoxogos de Virtual Console para Nintendo 3DS Categoría:Videoxogos con banda sonora de Junichi Masuda